Os de Berni Álvarez volven meter de cheo na pelexa polos postos de cabeza de serie tras derrotar a un conxunto galego que acabará a xornada en zona de descenso e que ten ante si duas xonadas a cara o cruz.
6-0 de saída para os locais, que crecía ata un 13-2 sen chegarse aínda aos catro minutos de xogo. Miguel Ángel Hoyo paraba o encontro, pero CB Tarragona continuaba mandando na decena. Non foi ata o arranque do segundo acto cando a escuadra galega reaccionaba: parcial 0-10 para conseguir o seu primeiro liderado do choque. Eran os mellores minutos do Xuven, que con outro 0-7 íase ata os dous díxitos de vantaxe (29-39). Seis puntos seguidos de Ferrán Torres freaban a sangría antes do descanso (37-43).
Na continuación, nova voltereta no marcador tras un 8-0 local (48-46). Torres facíase forte na zona e abría ocos aos seus compañeiros, que acertaban desde o perímetro para un novo despegamento tarraconense (60-52). Os Quintela asumían o protagonismo no bando galego para apertar o partido rumbo ao período final (64-63). Os primeiros minutos do último acto podían ser decisivos e David Mesa e Jamar Wilson asumían o mando (76-68). E co punto nº24 de Ferrán Torres, CB Tarragona volvía irse máis aló da decena (82-70). Quedaban pouco máis de tres minutos por xogarse e os de Cambados lanzábanse á épica, chegando a colocarse a seis tantos (87-81). Pero o tempo non lles deu para máis.
A clave: Grandísimo encontro de Ferrán Torres: 24 puntos, con 10 de 12 en tiros de campo, 4 rebotes e 7 faltas recibidas para 28 de valoración. O seu compañeiro na pintura, Orion Outerbridge, secundoulle á perfección: 16 puntos, con 5 de 5 en tiros de dous, 7 rebotes e 23 de valoración. 58% en tiros de campo para os locais.
Estatística
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.