Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de marzo de 2016

INFORME DE ACTIVIDADES PARA A PREVENCION DE DROGODEPENDENCIAS EN CAMBADOS










Foto da nova
INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA
 “XI OBRADOIROS DE BEBIDAS SAUDABLES”
PREVENCIÓN DO USO/ABUSO DE ALCOHOL – PREVEALCOHOL COS NENOS E NENAS

Informámosvos da realización da “XI edición dos Obradoiros de bebidas saudables” (intervención socioeducativa sobre a prevención do uso/abuso de alcohol) organizada por parte do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (Equipo de Prevención)  durante os días 2,3, 4 e 10 de marzo de 2016.
Estes obradoiros están dirixidos ao alumnado de 5º curso de Educación Primaria (alumnos/as de 10-11 anos, profesores/as) dos Centros de Educación Primaria do Concello de Cambados.

DATAS
HORARIO
CENTROS PARTICIPANTES
LUGAR REALIZACIÓN
02/03/16
09:30h.
CEP  "Antonio Magariños Pastoriza"

Nos centros educativos

03/03/16
10:00h.
CEIP  "Enrique Barreiro Piñeiro"
04/03/16
12:00h.
CEIP  "San Tomé"
10/03/16
12:00h.
CEIP  "Castrelo" 

POBOACIÓN PARTICIPANTE:
158 ( 151 alumnos/as; 7 profesores/as). 4 obradoiros (9 sesións)
A duración dos obradoiros é de 1 h. e 40 minutos ou 2 horas aproximadamente (2 sesións).
Durante os días 4, 5, 7 e 8 de abril está programada a realización dos Obradoiros "E ti que opinas?",dirixidos ao  alumnado (11-12 anos) e profesorado de 6º curso de Ed. Primaria, nos que abórdanse temas relacionados coa publicidade, drogas legais (alcohol e tabaco) e presión de grupo así como contidos relacionados coa adicción as novas tecnoloxías. No caso do CEIP "Castrelo" que xa participou nesta actividade o día 22 de xaneiro, abórdanse novos contidos relacionados co Xénero e igualdade e os destinatarios serán o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

DATAS
CENTROS PARTICIPANTES
04/04/16
CEIP  "Castrelo"
05/04/16
CEIP  "San Tomé"
07/04/16
CEIP  "Enrique Barreiro Piñeiro"
08/04/16
CEP  "Antonio Magariños Pastoriza"
POBOACIÓN PARTICIPANTE:
149 ( 142 alumnos/as; 7 profesores/as)
4 obradoiros (8 sesións)

Durante o presente curso escolar 2015-2016 lévanse a cabo, como en cursos anteriores, diversos programas e actividades preventivas nos ÁMBITOS: escolar, familiar, xuventude, laboral, xénero e actividades transversais.
No ámbito escolar realízanse diversas intervencións socioeducativas: Implantación de diversos materiáis didácticos preventivos dos programas “Saúde na escola”, “Contos para conversarmos”, Programa "A aventura da vida",  Programa "Órdago"  e "Pantallas amigas" (uso seguro das TIC);  Traballo en valores a  través do Cine: “O Cine como elemento de prevención"; Intervencións socioeducativas na aula con temáticas relacionadas coa prevención de drogas legais e ilegais e outras condutas aditivas (uso seguro e responsable das TIC), factores de risco e protección, educación para a saúde, habilidades sociais (autoestima, presión de grupo, integración no grupo, toma de decisións, resolución de conflitos) e prevención do VIH/Sida – obradoiros afectivo.
Nas intervencións socioeducativas realizadas e programadas ata o momento no ámbito escolar ao longo de todo o curso actual 2015-16 (actividades informativas e formativas dirixidas ao alumnado de educación primaria, secundaria e ciclos formativos), prevese unha poboación destinataria total de 1.184 (1.130 alumnos/as; 54 profesores/as) participantes 67 sesións.
A poboación total destinataria de todos os programas preventivos (escolar, familiar, xuventude, laboral, xénero e actividades transversais) prevista anualmente abarca como en anos anteriores unhapoboación aproximada de 2.000 persoas.
Os OBRADOIROS DE BEBIDAS SAUDABLES englóbanse dentro dun Subprograma de Educación para a Saúde. A través do seu desenvolvemento teórico-práctico pretendemos que os nenos/as reflexionen sobre o consumo de bebidas que habitualmente consumen, tanto eles/as como no seu entorno próximo, proporcionándolles unha información clara sobre o uso/abuso do alcohol. Así como fomentar o consumo de bebidas saudables, ofertando unha alternativa ó consumo de bebidas alcohólicas e azucradas comerciais. 
A  súa metodoloxía, consiste básicamente no seguinte:
-  Introducción participativa do grupo para expresar a experiencia propia en relación ó consumo de bebidas.
-  Exposición de contidos en relación as bebidas.
-  Realización práctica das bebidas seleccionadas.
-  Degustación.
-  Coloquio.
-  Avaliación.
Os Contidos abordados son os seguintes:
·  Tipo de bebidas alcohólicas. Orixe e graduación.
·  Metabolismo do alcohol.
·  Efectos sobre o organismo a corto prazo e longo prazo.
·  Efectos sobre o comportamento.
·  Alcohol e conducción.
·  Mitos e crenzas erróneas.
·  Necesidades nutritivas.
·  Consumo moderado.
·  Propiedades nutritivas e cualidades organolépticas das bebidas saudables.
·  Creatividade, atractivo e entretemento. 
Como en anos anteriores, está prevista a realización de carteis por parte do alumnado con temática sobre o alcohol (campaña de sensibilización na que os nenos desenvolven un papel activo na difusión de mensaxes preventivos) e a súa exposición no Centro Sociocultura e Xuvenil “A Merced” (programada inicialmente a partir do 8 de xuño, durante un período de 15 días).
Os obradorios son impartidos polo persoal da Área de Prevención do S.P.A.D. (Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias):
Mª Angeles Bravo Pombo (Psicóloga Clínica – Responsable da Área da Prevención).




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.