Luís Aragunde recoñeceu hoxe en Radio Arosa(Cadena Ser) como unha práctica normal e á vez irregular o exceso de horas extras de traballadores do Concello de Cambados no periodo 2011-12 que está a investigar o Tribunal de Contas de Galicia.Ampárase en que este organismo tamén investiga a outros 25 concellos da provincia.
Esto é mentira porque son 23 en toda Galicia. Non é o mesmo 23 de 314 que 25 de 62.
Xustifica na carencia de persoal a acumulación de horas extras de diferentes traballadores, algúns dos cales eran persoal de confianza nomeados a dedo.
O montante en euros estímase en 158.000 e para evitar esto redactouse unha nova RPT aprobada a finais do 2014, tres anos despois.
![]() |
| Gráfico que desmonta a mentira de Aragunde |
Escoita aquí as explicacións do ex-alcalde.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.