Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de febrero de 2016

SEGUEN OS DECOMISOS DE PEIXE E MARISCO AOS FURTIVOS







Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 3.790 quilos de peixe e marisco en diferentes operativos realizados nos últimos días. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 94 aparellos de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle.
A actuación máis destacada foi nun control por estrada en Rande (Vigo). Nela, os axentes de Gardacostas en colaboración cos do Seprona, fixéronse con 3.020 quilos de xurelo por carecer de documentación e ser de talla ilegal. Ademais tamén requisaron de 22 quilos de centola inmadura e ovada.
Na ría de Arousa os gardacostas realizaron varios operativos que deron como resultado o comiso de máis 372 quilos de peixe e marisco e a incautación de 69 útiles de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle. A actuación máis relevante fíxose na zona de Barraña e resultou co comiso de 252 quilos de ameixa antirregulamentaria.
Por outra banda, en Carnota, os inspectores tamén realizaron un operativo no que comisaron 200 quilos de mexilla. Ademais, noutros controis desenvolvidos na Costa da Morte, requisaron máis de 76 quilos de diversas especies. O máis destacado foi en Fisterra e nel fixéronse con 46 quilos de lubina e preto de 6 quilos de sargo.
Na praia de Mourisca, na ría de Pontevedra, tamén se rexistrou unha actuación deste servizo, na que se comisaron 6 cacharros de polbo. Ademais, nun control realizado en Arteixo (A Coruña), os axentes de Gardacostas en colaboración cos da Garda Civil, comisáronlle aos furtivos 19 útiles de pesca.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.