Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de febrero de 2016

PRESENTADA A 3ª EDICIÓN DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA










Os Premios Martín Códax da Música presentaron esta mañá no Salón Teatro de Santiago a convocatoria da súa terceira edición, para a que se abre desde hoxe e ata o 29 de febreiro o prazo de inscrición de candidaturas a través da súa web www.premiosmartincodaxdamusica.com. O certame que organiza a asociación Músicos ao Vivo cambia así as súas datas de celebración, de xeito que a gala se traslada do inverno á primavera (28 de abril) e pasa a compartir calendario con outros destacados premios sectoriais da cultura galega, como os María Casares de teatro ou os Mestre Mateo do audiovisual.
Outra das novidades é a incorporación da música vocal como categoría a concurso nesta terceira edición, para a que se convocan 16 modalidades musicais e tres premios 'Organistrum' para salas, festivais e espazos de comunicación, así como o recoñecemento honorífico 'Músicos ao Vivo' que se fará público o vindeiro 15 de marzo. Ademais, as bases permiten por vez primeira a participación no certame de artistas ou grupos de fóra de Galicia que canten en galego ou cun repertorio de raíz galega na súa meirande parte.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantén a súa colaboración cos galardóns como unha das entidades patrocinadoras. O seu director, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación desta terceira edición do certame xunto a Ramón Bermejo, voceiro de Músicos ao Vivo, e ás representantes das outras dúas entidades que apoian os galardóns: a concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Anxos Riveiro, e a directora de Márketing de Bodegas Martín Códax, María Garrido.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.