Mariña, Carlota, Amaya, Irene e Manu, formaron un grupo de música de Pontevedra. Chámanse Furious Monkey House, e claro, o nome débese a que con eles tamén toca un mono furioso.
Decidiron crear o grupo en marzo de 2014 porque lles apaixoa a música, e aínda que tiñan entre 11 e 13 anos, recibiran formación musical e encántalles subirse a un escenario e tocar.
Comezaron a gravar unha maqueta con 5 cancións e ao final, tiveron a oportunidade de gravar o seu primeiro disco que titularon "RUN".
A experiencia da gravación foi incrible. Fixérono en febreiro e marzo deste oasado ano, baixo a produción musical de Gonzalo Maceira e Iago Lorenzo en Planta Sónica e nos míticos estudos Abbey Road de Londres. Alí, por onde pasaron artistas e bandas moi importantes da historia da música como The Beatles, Rolling Stones, Pink Floyd ou Radiohead, estiveron estes rapaces: Mariña cantando, Carlota tocando a batería, Amaya os sintes e as teclas, Irene e Manu a guitarra e o mono furioso o baixo.
Durante a aventura en Abbey Road coñecemos a Adrian Hall, quen lles mesturou o disco e ademais dedicoulles estas marabillosas palabras: "Encantoume mesturar o álbum de Furious Monkey House! Son un fantástico grupo de nenos talentosos facendo gran música!"
Aínda que escoitan música de estilos moi diferentes, tiñan claro que se facían música sería coa influencia de bandas dos 90´s das que son fans, como Pixies, Nirvana, Cardigans, Smashing Pumpkins. E están seguros de que o conseguirán! As 11 cancións inéditas de "Run" soan a iso pero tamén levan a enerxía e o carácter propia do grupo.
"Run" publicouse o 13 de novembro con Esmerarte.
Onte diron o seu primeiro concerto en Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.