Xa temos os horarios e puntos de partida dos autobuses que desplazarán a Santiago a todos aqueles que se queiran unir a manifestación contra a polémica Lei de Acuicultura que de momento paralizou o goberno da Xunta de Galicia presidido por Núñez Feijóo.
Baixo o lema Defender o mar, desenvolverase na capital galega o vindeiro sábado 27, desde as once e media da mañá ata as dúas e media da tarde. A ela está chamada toda a cidadanía que, directa ou indirectamente, vive do mar. Paralelamente ás infraestruturas que se moverán para que todo Arousa teña facilidades para acudir á marcha en Santiago, o sector e a Plataforma en Defensa dá Ría emprenderon xa unha campaña informativa masiva (a través de dípticos) para facer chegar a súa loita a toda a sociedade. Ademais continuarán acudindo aos plenos que lles faltan para conseguir tamén o apoio político.A través das confrarías de pescadores o sector do mar arousán fretará autobuses desde distintos puntos da comarca para acudir á gran manifestación do día 27 en Santiago convocada contra o anteproxecto de Lei de Acuicultura da Xunta.
Segundo os convocantes da PDRA a futura lei de acuicultura da Xunta favorece "as multinacionais" e prexudica "as xentes do mar".
Xunto a este colectivo, mariscadores, mariñeiros e produtores de mexillón mostraron a súa repulsa ao anteproxecto de lei.
Manteñen que non garante o futuro dos sectores produtivos tradicionais e potencia a acuicultura industrial.
Presentaron alegacións e aseguran que buscarán "a unidade" do sector para botar a lei abaixo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.