Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de febrero de 2016

A ALCALDESA, O CHÓFER, OS TITIRITEIROS E UN EX-ALCALDE





Deixamos pasar o Entroido para publicar unha reflexión sobre o tema do Policía Local e a sua nova función no concello.

As explicacións dadas pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, non convenceron ao PP, e volve  alimentar a polémica pola designación do policía local Antonio Padín a tarefas administrativas. O PP critica que se deixe á policía sen un efectivo que podería facer tarefas de oficina e aseguran que hai testemuñas que o viron no papel de chófer da alcaldesa. «En definitiva, menos policía e máis secretarios». O PP non deixa de aludir a que o axente foi nas listas do PSOE de Ribadumia. LA VOZ 07 de febreiro de 2016

A este Policía Local díronlle a incapacidade parcial na tómbola?

Poderíamos recordarlle a Luís Aragunde como un membro dunha candidatura do PP hai anos e que saíu concelleiro electo dimiteu ao pouco tempo para presentarse a un posto de traballo no Concello, saíndo escollido. E tamén recordarlle que outros dous axentes da Policía Local cumprían coa mesma función que Antonio Torres, con gobernos do PP. Ou non lembra?.

Ou recordarlle cantos interventores do PP nas eleccións traballan para o Concello ou traballaron.

Que alguén veu a alcaldesa Fátima Abal no coche do Policía Local? Si fixéramos caso de todo o que nos contan sr. Aragunde ............ Vostede que tan en contra está dos "dimes e diretes".

Non é de extranar que cada pouco aparezan cousas, facturas, contratos verbais, convenios sen cumprir, vendo a labor de oposición entendemos a forma de gobernar, pero como dixeron no último pleno esa é a herdanza que deixaron ao cuatripartito.

Pero xa sabemos como actúa o PP, e o exemplo témolo estos dias coa obra dos titiriteiros (que a obra non é para público infantil, estamos todos de acordo) en Madrid, onde se criminaliza unha parodia que en Granada pasou desapercibida. Acaso as cores políticas neses dous "ayuntamientos" teñen algo que ver.
"Non deixa de resultar rechamante que nuns días nos que as rúas se enchen de xente disfrazada de terroristas islamitas ou de papas, sexa polémico un caso como este"

Caricaturas de Aragunde de "A Ti Meu Cambados"



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.