O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou esta mañá que a Axencia de Turismo de Galicia acaba de abrir a liña de axudas para a contratación de persoal para as 18 oficinas de información ao visitante que existen na provincia.
O delegado territorial destacou que Turismo de Galicia convoca novamente as axudas para os concellos declarados Municipios Turísticos orientadas a colaborar na contratación de persoal nas oficinas de turismo. Deste xeito, dáse cumprimento á Lei 7/2011, de 27 de outubro do Turismo de Galicia, que no seu artigo 29, determina que os municipios turísticos deben ser obxecto de atención preferente nas liñas e medidas de fomento económico establecidas pola Administración da Xunta de Galicia.
“O obxectivo de manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios coa devandita declaración, estimulase a contratación de persoal de xeito que se potencie a imaxe tanto dos Municipios Turísticos de Galicia como de toda a comunidade no exterior”, explicou José Manuel Cores Tourís, quen recordou que dos 42 concellos con esta denominación, 11 se atopan na provincia de Pontevedra: Tui, Cambados, Mondariz-Balneario, A Guarda, Baiona, Cangas, Nigrán, O Grove, Poio, Vilagarcía e Sanxenxo.
O orzamento destinado a esta orde de axudas é de 250.000 euros, cun máximo de 5.200 euros por entidade beneficiaria. Os requisitos do persoal contratado serán estar en posesión do título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.
Do mesmo xeito, será requisito indispensable que o concello conte coa declaración de Municipio Turístico galego, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de Municipio Turístico galego e declaración de Festas de Interese Turístico. O prazo de presentacións permanecerá aberto ata o 27 de febreiro deste ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.