Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de enero de 2016

TEATRO NA XUVENTUDE CON "BANDULLO AZUL"







Hoxe luns 4 de xaneiro, para templar os nervios antes da chegada dos Reis Magos a Cambados, os nenos poderán gozar do bo facer de Bandullo Azul. Compañía creada no 2012, nada en plena crise, os recortes afectaron tanto a esta nova compañía que soamente está formada por dous actores, xa que, como din, tres son multitude. Evaristo Calvo regresa aos escenarios para presentarnos a historia de Maestro e de Pupilo (estrea en Cambados), dous disparatados cómicos que farán que nos riamos con eles. Ou talvez deles.
Maestro, unha vella gloria dos escenarios, leva toda unha vida viaxando polo mundo co seu espectáculo, Play. Nesta ocasión recala en Galicia co seu teatrino, pero non vén só. Decidiu fai un tempo que hai de retirarse e por iso acolleu na súa escangallada caravana un aprendiz, Pupilo, para que sexa o seu sucesor. Entre os dous xurdirán varios conflitos, que terán que resolver para que o espectáculo continúe.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.