Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de enero de 2016

JOSÉ RAMÓN ABAL PRESENTARÁ EN FITUR "CAMBADOS ENOTURISMO"







José Ramón Abal, concelleiro de enoturismo, será o encargado nesta ocasión de promocionar a vila cambadesa na 63 edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR) no recinto feiral de IFEMA do 20 ao 24 de xaneiro en Madrid.
A presentación de Cambados será como cada ano no stand de Galicia, a través de Turgalicia e a Axencia de Turismo de Galicia. Da man da Mancomunidade do Salnés, o xoves 21 de febreiro ás 17:30 h no pavillón 9 o concelleiro presentará a nova marca “Cambados Enoturimo, Capital do Albariño”. O obxetivo é dar a coñecer a todos os asistentes as distintas posibilidades e experiencias relacionadas co mundo do viño e a súa cultura, rematando a presentación cun novo vídeo promocional da vila.
Ademais na feira tamén se presentarán os novos trípticos editados este ano polo Concello: “Cambados, Capital do Albariño” e “Cambados Conxunto Histórico Artístico” con novas fotografías de gran calidade dos recursos enoturísticos máis destacables da vila cambadesa.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.