Hai máis dun cuarto de século que na prensa galega sorrimos co humor enxebre das bandas deseñadas de Floreano, e hai tres décadas que o seu creador trae para Galicia premios internacionais. O último en outubro pasado, desde os Estados Unidos: unha medalla de prata.

O ilustrador meco, colabora dende hai case tres anos con 'El tiempo latino', a versión en castelán de 'The Washington Post' realizando caricaturas dos principais personaxes políticos.
Con esta última medalla de prata acadada por un traballo no que se pode ver ao presidnete dos Estados Unidos, Barack Obama, botando un pulso cun inmigrante mexicano sobre maleta diante do capitolio, xa son dous os galardóns prateados que acumula Gogue. Xa no 2014 acadou este premio con outra das súas creacións.

Colaboracións:
Black Agenda Report (Los Angeles)
Ghetto Fabulous (Los Angeles)
Fantasy Sports (New York)
MovieMaker Magazine (Los Angeles)
EastSunMagazine Renton-Washington
El Tiempo Latino del Washington Post.
Ten publicados varios libros, e acadado premios e mencións internacionais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.