Hoxe convidámolos a visitar o belén dun veciño de Cambados. Un clásico por estas datas e que leva anos montando o nacemento nun dos comedores do seu Hotel. Cada ano vai incorporando pezas novas e o deste Nadal xa supera unha superficie de 15 metros cadrados e máis dun cento de figuras.
Carmelo Fernández, o autor e dono deste belén, ten máis dun cento de figuras sobre unha superficie de máis de 15 metros cadrados. Carmelo leva uns vintecinco anos facéndoo e cada vez inclúe máis novidades. Este ano aparte da presenza do Refugio de Animales ou o Teatro Caracol, hai varias novidades.
Este ano tamén inclúe unha particular homenaxe a Xaquín Charlín, CHON, e un pequeno poboado da República Independiente de Beleco
É un traballo meticuloso para o que Carmelo conta coa axuda da súa familia e de veciños que aportan pezas.
Se queredes velo so tedes que acercarvos polo Hotel "OS PAZOS" de Cambados detrás da igrexa parroquial, e poderedes contemplalo.
Preme nais imaxes para amplialas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.