Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de diciembre de 2015

OS GARDACOSTAS DECOMISAN 700 Ks DE MARISCO









Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron preto de 700 quilos de peixe e marisco, 100 aparellos de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle en diferentes controis realizados polo litoral galego e en diferentes lonxas e portos durante os últimos días. A Consellería do Mar realiza estes controis para vixiar a extracción ilegal de cara ás festas de Nadal.
Na área da ría de Vigo, os Gardacostas requisaron 116 quilos de marisco e peixe e 22 aparellos. A actuación de maior relevancia foi realizada en colaboración coa Garda Civil de Moaña, en Domaio e nela os axentes comisaron 115 quilos de vieira, extraída de forma ilegal, xa que a súa extracción está prohibida na ría de Vigo, e incautaron unha embarcación e un vehículo nos que se transportaba o produto.
Por outra banda, na área da ría de Pontevedra os axentes aprehenderon máis de 370 quilos de marisco, 39 útiles de pesca e 500 metros de trasmallos (arte de enmalle). A actuación máis destacada foi na lonxa de Campelo, onde requisaron 350 quilos de ameixa xapónica que excedían o cupo e máis de 5 quilos de ostra de talla antirregulamentaria.
Na ría de Arousa os gardacostas comisaron 5 quilos de centola, 4 de ameixa xapónica e 500 metros de miños (arte de enmalle) sen identificar. Ademais os controis realizados na área da ría de Muros e Noia deron como resultado o comiso de 142 quilos de ameixa de talla antirregulamentaria e 32 nasas de madeira sen identificar e na Costa da Morte requisaron preto de 50 quilos de marisco, a maioría percebe, e 2 aparellos de pesca.
En Coruña aprehendéronse de 25 quilos de peixe e marisco 3 útiles de pesca e na ría de Cedeira preto de 2 quilos de robaliza e 2 palangrillos sen identificar, un de 230 anzois e outro de 108 anzois.
A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.