Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de diciembre de 2015

A ISLA MÍNIMA (Unha reflexión sobre as o 20D)








“A ISLA MÍNIMA” 


Son moitas as personas que botámola memoria atrás para lembrar o referendo da C.E fai 37 anos. Estaba no Colexio Magariños e lembro pola miña idade como era a cor das papeletas e sobre todo a tensión coa que se viveu aquel día, coa policía secreta de Franco aínda na sombra. Era Unha Isla Mínima (Alberto Rodríguez) ….hai poucos filmes capaces de recrear o que era a continuación do réxime de Franco disfrazada dunha falsa democracia, tal coma o filme insinúa. O galego Javier Gutiérrez lle contesta ao seu compañeiro policía: “Un país novo, hai que celebralo” para rematar noutra pasaxe lembrando que “Este país non ten no seu ADN ser democrático”, e así é. Foi un remendo que moitas veces serve máis que para un descosido porén sabes que antes ou despós vai estourar. 


Ese xerme se escenificou no debate a tres celebrado na Cadena Ser por Internet e que deu o pistoletazo de saída as eleicións máis importantes na Historia de España desde aquela data, e todo porque hai un partido que se resiste a modificar nin un só artigo daquel acordo. Tódolos países cada certo tempo teñen como norma facer os cambios que a sociedade necesita agás 
España, onde chegan os cambios 40 anos tarde e onde se resisten a perdelos privilexios os de sempre. E sí: seguiron gobernando os mesmos, disfrazados de partidos pro-democráticos coa única salvedade de que o país se abría a economía de mercado. Comezou Suárez e González, contra todo pronóstico, cando o Partido Comunista era o que millores bazas posuía e por unha sinxela razón: o recentemente finado Presidente do Banco Santander, Emilio Botín, viu o panorama e pensou cal destes é o que me pode proporcionar máis sucursais, que haia un fluxo contínuo de cartos e facerme máis rico: pos os dous primeiros, e así foi. Gonzaĺez unha vez tivo a liquidez e a confianza do sector económico se lanzou en plancha a tentar transformar un país obsoleto en infraestructuras para modernizalo aparato do Estado na súa totalidade. Lendo calquera libro de Historia de España “reza” que era preciso un sistema electoral que afianzara os partidos democráticos e se implantou a Lei D Hont (para beneficialos) e se creou un sistema bicameral onde con dúas Cámaras (dicían os libros) se aseguraba unha dobre discusión. Foron anos de ter suxeitos aos militares, e o millor xeito de garantir a súa lealtade (agás o 23-F que eran os nostálxicos) foi telos ben pagados, e a Igrexa Católica co Concordato do ano 1979 (aínda vixente coa Santa Sede ) coas mesmas prerrogativas que co réxime de Franco, agás a de ter bispos nas Cortes coma Don Paco. 

Nos 90 entramos de cheo na Economía de Mercado e con ela instaurouse o lema para vivir millor co resto é preciso ou ter moitos estudos ou ser un Empresario de éxito. Se encheron as Universidades de mozos e mozas tentando seguir o patrón marcado desde arriba, namentras Mario Conde era un espello para os que ambiciosos. González e despós Aznar falaban de que ía ser a xuventude millor preparada de España, e que seriamola envexa de Europa. O modelo funcionou: os campus se encheron, os alugueres, a pequena e mediana facturaba ben ata que chegou un punto de impass (a crise do 96) para a posteriori vivir o soño Europeo, a entrada no Euro e o capitalismo sen control, e coma tal se pode tildar o tinglado inmobiliario que se puxo en marcha e que foron anos onde en vez de ser consecuentes e prepararse para cando viran as vacas fracas coma no 96, todo foi un gasto sen tino. As consecuencias están aquí (“con nós”) desde o ano 2008 e levamos unha travesía no deserto desde aquela. Esto obviamente é un resumo, pero redactei con sinceridade o anteriormente expresado (a grosso modo). 

Chegamos ao presente e seguen en liza os dous grandes partidos que se foron alternando no poder (PP e PSOE) xunto aos desencantados tanto do primeiro (CS) e do segundo (PODEMOS), xunto a un abanico de forzas nacionalistas, republicanas e de todo tipo que dan cumprida resposta á diversidade de España. Pos agora chegou o punto onde todos asumen a súa teoría do que aquí pasou desde aquelas primeiras eleicións. 


Por unha banda un PP inmovilista, que quere que todo siga igual ca antes, un PSOE que pide reformar medio centenar de artigos da C.E, un CS que pide un contrato único, fóra diputacións e Senado e ter unha sociedade liberal, e PODEMOS pedindo recoller o xerme da Internacional Socialista. É tal o lío que hai que a día de hoxe un 42 % da poboación non sabe por quen vai votar por vez primeira: aos grandes partidos lastrados polos episodios de corrupción e por vivir de costas aos cidadáns segundo a súa interpretación ou aos que piden collelo camiño de en medio (CS) ou escorarse máis á esquerda. Difícil “papeleta” (certo): aquí hai cousas que baixo o meu humilde punto de vista hai que sesgar de xeito inmediato coma son as Administracións paralelas, o poder que naide foi quen de limitar aos Bancos que son os que financiaron todo isto (todos foron a dalo peśame á filla de Botín, ergo todos “deben” ou “queren” algo) e ao Sr. González do BBVA lle gosta moito Albert Rivera, “porque segundo él devolve os préstamos”... Coma o filme A Vida de Brian todos buscando “o sentido da vida” ...pos ben, desde tempos inmemoriais os homes que nos organizamos nunha sociedade precisamos un líder en calquera faceta da vida, e aquí está o quid da cuestión: quen queremos que seña Presidente para dirixir e gobernar ESPAÑA. Na época de Franco nos Consellos de ministros que presidía deixaba falar aos Ministros e despos dicía o que había que facer, e hoxe IGUAL. 

OS CANDIDATOS.- 
MARIANO RAJOY (PARTIDO POPULAR):- 
O guardián da cultura de Occidente, do sentir Cristiano, e do lema de que cada un debe saber o lugar que encaixa na orde das cousas, resignación, resignación, e todo debe seguir igual; 
PEDRO SÁNCHEZ (PSOE).- 
Reivindica o papel que o seu partido tivo na construcción de España, como alicerce dos dereitos civís, e demanda unha reforma taxativa da Constitución Española para adecuala ao tempo no que vivemos, onde hai moita xente nova que naquelas eleicións non puido votar pola idade ou nin tan siquera nacera; 
PABLO IGLESIAS (PODEMOS / EN MAREA).- 
Empoderamento dos cidadáns e devolver a dignidade ás Institucións que segundo él está corrupta na súa totalidade, por mor de ter coma arquetipo o anterior réxime Fascista; 
ALBERT RIVERA (CIUDADANOS).- 
O partdio de moda, da xente nova desencantada co PP e que quere oportunidades e unha economía liberal onde cada un se busque a vida como poda, do contrato único e a familia coma núcleo que protexa aos cachorros cando veñan mal dadas; 
BNG, PNV, JUNTS PEL SÍ.- Independencia dos sus territorios do poder central e autonomía para ter os seus medios de producción libres para gobernar o seu territorio; Coma se pode percibir (ler) un salto cualitativo e cuantitativo do principio do pluralismo político encol da idea do ben común que todos din representar. 

Se me preguntan a min a quen quero sen dúbida algunha a PEDRO SÁNCHEZ CASTEJÓN: penso que é o único que ten un argumentario sólido encol do que debe ser un país que noutrora fora un espello para o resto da Eurozona e no resto do mundo, pola súa Sanidade Pública, por un sistema educativo onde a tódalas rentas se lles facilitaba medios para estudar, o dos dereitos para que naide fora excluído por ser “distinto” aos demáis, que lonxe de tentar botar pegamento a un edificio en ruínas quere dotalo de cimentos máis fortes desde a súa base coa necesaria solidaridade entre os pobos, con tolerancia e un discurso que lonxe de ser tibio pon énfase nas PERSONAS, no que elas demandan. 

O primeiro reformar a Constitución para enchela de contido, que deixe de ser en moitos dos seus artigos unha idea programática – etérea para seren algo que teña relevancia xurídica; non pode ser que uns dereitos estean cubertos e outros señan unha mera declaración de intencións. Que a sociedade civil teña uns representantes dignos sen tacha e enmenda algunha, por mor de estar relacionados con calquera tipo de corrupción, e coma fixo a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, abrilas portas e ventanas para que todos señamos co-partícipes da construcción dun país moderno e do que sentirmos orgullosos. 

Se hai alguén preto de nós que recolle este axioma non é outra que a nosa Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma: coma Pedro Sánchez é unha persona nova, que saíu da casa cansa de ollar este espectáculo no que se convertíu a “cousa pública” para devolvernos a crenza na vella política, a que coñece de primeira man o que valen as cousas, educada na cultura do esforzo, no traballo desinteresado a prol dos demáis, receptiva, colaboradora, amiga de tódolos veciños sen distinción algunha pola súa cor política (goberna con outras tres forzas e aínda non escoitei unha soa mala palabra dela), que ten a cara limpa, que sabes canda estás xunta a ella que é unha PERSONA de verdade, humilde e sempre disposta a axudar. Non digo que noutras forzas non haia, líbreme Deus, pero no Socialismo e as cousas como son, sempre houbo esta sensibilidade, esta dozura, principalmente porque en xeral proveñen de familias humildes, que nunca se destacaron en facer nada especial, porque o especial era mirar pola xente que máis os necesitaba, non polos poderosos: cercanía, proximidade e honestidade. 


Un conto que expresa á perfeición isto é que reflicte a distancia entre a dereita e a esquerda (e non é un conto Chino) e o daquel camiñante que vai por unha leira e colle unha mazá dunha árbore … faino para comer, e coa conciencia de que o campo é de todos … o seguinte vai e pasa debaixo da árbore e non colle o froito, tanto só mide o camiño que leva camiñado para poder expropialo en canto poida ...máis árbores, máis recursos, e prosperidade para todos, nada de apropiarse do que é de todos ...os que tal fixeron xa non están porque a xente nova releva aos vexestorios, aos que non serven por querer facer do mundo unha cinta métrica … 

TODOS CON PEDRO E FÁTIMA, POR DEVOLVER A DIGNIDADE QUE NOS ROUBARON E IMPLANTAR UNHA SOCIEDADE MAÍS XUSTA, PORQUE NON HAI NAIDE MÁIS QUE NAIDE VOTA Ps de G PSOE. POR UN FUTURO NOVO. 

UN ARTIGO DE ÓSCAR MANUEL NÚÑEZ.-




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.