Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de diciembre de 2015

XORNADA INFORMATIVAS NOS CPAE´s DA PROVINCIA










A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, unha rede de centros atendidos por persoal técnico especializado en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a persoal traballador autónomo e a pemes da provincia de Pontevedra, ofertando unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e os servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear unha nova canle de venda en liña de produtos e servizos.
Para acadar os seus obxectivos o CPAE 2.0 ofértalle a un colectivo integrado por 64.000 autónomas, autónomos e pemes da provincia de Pontevedra, que constitúe o 92 % do noso tecido empresarial, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros de Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
En Cambados inpartirase o curso Google Analytics: Interpretación de Datos e Toma de Decisións (22 de decembro, en Exposalnés), a cargo do enxeñeiro informático José Luis Taboada, no que se estudarán dimensións métricas e valores, vistas, obxectivos, conversións e referencia de tráfico de campañas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.