Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de noviembre de 2015

O ESPANTALLO AMIGO DE XOSÉ NEIRA VILAS CHEGA A CAMBADOS






O estudantado do CEIP San Tomé gozará do proxecto teatral e literario de Os Quinquilláns e Editorial Galaxia o mércores día 11 ás 10h, no Auditorio da Xuventude




O proxecto teatral e literario ideado por Os Quinquilláns e Editorial Galaxia a partir do Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas chega a Cambados. O alumnado do CEIP San Tomé gozará o mércores día 11 a partir das 10h, no Auditorio da Xuventude, con este clásico da literatura infantil galega que xa viaxou polos teatros de medio mundo e que aterra agora de novo nos escenarios galegos, acompañada dunha edición especial do libro que lle dá orixe.

A historia de xenerosidade ideada por Xosé Neira Vilas está contada, na versión teatral de Lucho Penabade e Tero Rodríguez, polos nenos que no seu día conseguiron superar a miseria grazas á xenerosidade do espantallo amigo e que, xa convertidos en home e muller, queren facer unha montaxe teatral que explique o sucedido. Acompaña a representación teatral unha versión impresa ilustrada por Xaquín Marín que o público leva consigo, para continuar os momentos de risa e reflexión vividos no patio de butacas coa lectura demorada na casa.

O proxecto ofrece un traballo transversal que lles permite aos espectadores-lectores comprender as relacións entre as distintas linguaxes artísticas e que colleitou un grande interese entre o profesorado galego.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.