A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0 (unha rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías), préstalles un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e ofértalles unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación nos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear unha nova canle de venda en liña de produtos e servizos.
En concreto, durante as próximas semanas o CPAE ten previsto realizar os seguintes eventos de capacitación tecnolóxica: "Comercio electrónico para micropemes" (17 novembro en O Porriño e 24 novembro en Pontevedra), "Google Analytics: iniciación á analítica web" (16 de novembro en Ponteareas, 17 de novembro en Lalín, 18 de novembro en Vigo e 25 de novembro en Cambados), "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" (17 de novembro en Cambados, 20 de novembro en Pontevedra, 21 de novembro en Lalín, 24 de novembro en O Porriño e 27 de novembro en Vigo), "Facebook Ads" (18 de novembro en Pontevedra), "Imos chamar á porta dos teus clientes, posicionamento SEO" (21 de novembro en Cambados), "Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite" (19 de novembro), "¿Problemas coa xestión de reservas? Coñece as últimas solucións TIC" (23 de novembro en Lalín e 26 de novembro en Cambados), "Google Analytics: interpretación dos datos e toma de decisións" (25 de novembro en Vigo, 26 de novembro en Ponteareas e 27 de novembro en Pontevedra), "Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing" (26 de novembro en O Porriño), "Bota as túas propias fotografías para e-commerce" (27 de novembro en Ponteareas) e "Fotografía con smartphones. Android e Ios" (16 de novembro en O Porriño e 25 de novembro en Lalín).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.