Poderán participar todas as Mulleres que o
desexen, de calquera nacionalidade ou cultura e maiores de 16 anos.
Cada participante poderá presentar un máximo de 3 microrrelatos que
deberán ir escritos en galego normativo.
O tema será libre, pero con especial valoración de aqueles que traten e reflexionen sobre os distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (corresponsabilidade, dereitos, empoderamento, etc.).
Enlazando o carácter reivindicativo coa vertente literaria, o microrrelato será por tanto de natureza narrativa e non de mera proclama. Teranse en conta por isto aspectos como a calidade literaria e a orixinalidade das obras.
Os microrrelatos deberán levar título e ter un máximo de 100 palabras (excluido o devandito título).
As obras serán orixinais e inéditas, non estando difundidas por ningún tipo de medio, nin en papel, nin electrónico. Se calquera dos microrrelatos presentados a este concurso incumprise tal requisito, recibira premio ou estivese pendente de resolución noutro certame, quedaría automaticamente descalificado. Tampouco serán admitidos aqueles microrrelatos que atenten contra os dereitos á intimidade, ao honor e á propia imaxe de terceiros/as ou que podan ter connotacións racistas, sexistas e/ou discriminatorias.
As autoras e as/os representantes legais (no caso de minoría de idade) responden ante a organización da autoría e orixinalidade do microrrelato, asumindo a súa total responsabilidade e deixando á Asociación Mulleres Progresistas a salvo fronte a reclamacións de terceiras persoas neste sentido.
Segundo o número e calidade dos microrrelatos recibidos designaranse até 10 finalistas, entre as que se elixirán os premios do certame:
1º Premio: 300 €, figura e diploma

2º Premio: 200 € e diploma
3º Premio: 100 € e diploma
BASES
Podes acceder ao formulario de participación a través do seguinte enlace.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.