Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de noviembre de 2015

MALAS EXPECTATIVAS NA CAMPAÑA DA CENTOLA








Comezou a campaña da centola en Galicia. Un cento de barcos do Grove e 30 de Cambados traballan desde hoxe na ría de Arousa. O primeiro día houbo capturas, pero os mariñeiros desconfían e prefiren agardar uns días para falar de valoracións.
Nunha xornada apracible para recoller os aparellos que, polo momento non traen moita centola, ou esa é a primeira percepción.

 A maior parte das pezas son dun quilo ou quilo e medio. No sector cren que o seu prezo oscilará entre os 15 e os 18 euros. Os mariñeiros cren que se podería empezar máis tarde.O marisco aparenta estar "delgado" a estas alturaspolo que segundo os mariñeiros...... "Deberíase atrasar o inicio e darlles tempo a que colleran corpo", 

Cada embarcación pode capturar 35 quilos e outros 35 por cada tripulante. Hai centolas que non teñen peso e non compensa collelas. O ano pasado capturáronse en Galicia 187.000 quilos e o prezo medio foi de 12 euros o quilo.    






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.