Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de noviembre de 2015

DEMAGOXIA BARATA








Demagoxia (do gregodmaggos, líder popular; dmos, pobo) é unha estratexia política que consiste en apelar a emocións (sentimentos, amores, xenreiras, medos, desexos) para gañar o apoio popular, frecuentemente mediante o emprego da retórica e da propaganda.

O dicionario da Real Academia Galega defíneo como a «política baseada en agradar ó pobo satisfacendo as súas aspiracións e intereses e fomentando as súas paixóns para manexalo mello» e o dicionario Ir Indo tamén como unha «forma impura de goberno democrático, segundo o concepto aristotélico, na que exercían o poder aqueles individuos que seducían e enganaban ás masas mediante o seu discurso.».
Tamén pode considerarse a demagoxia como un tipo perverso de oratoria, que permite atraer cara aos intereses propios as opinións dos demais empregando falacias ou argumentos aparentemente válidos que, porén, tras unha análise das circunstancias, poden resultar inválidos ou simplistas.
Aristóteles sinalouna como a forma de goberno corrupta contraria á democracia; Polibio definiuna como Oclocracia.
A demagoxia apóiase nas masas, favorecendo e estimulando as súas ambicións máis desatinadas, os sentimentos decadentes e elementais, e as desviacións da real e consciente participación activa na vida política. Isto prodúcese mediante fáciles e ilusorias promesas, imposíbeis de manterse, que tenden a indicar como os intereses colectivos da masa popular, ou da parte máis forte e preponderante dela, coinciden, en realidade máis aló de toda verdadeira lóxica de bo goberno, cos da comunidade tomada no seu conxunto.
A demagoxia é exercida polo demagogo, quen, aproveitando particulares situacións histórico-políticas e dirixíndoas para fins propios, excita e guía ás masas populares someténdoas grazas a particulares capacidades oratorias e psicolóxicas, a miúdo instintivas, que lle permiten interpretar os seus temperamentos e as súas esixencias máis inmediatas, unindo a isto dotes carismáticos non comúns.
A que ven todo esto? Pois a que o PP de Cambados pide que se rebaixe o UBU ao 0´44%  e non no 0´58 que pretende o actual Governo Municipal. Dase a paradoxa que o PP sae agora con esta idea unha vez que o actual equipo de Governo aprobou a medida. 
Si tan convencidos estaban os populares porque non o plasmaron no programa electoral?  Desde logo prometer a "posteriori" é moito máis fácil incluso que no programa electoral.
Porque si tan convencidos están porque non presentaron unha moción coa rebaixa que eles mesmos plantexan?




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.