Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de octubre de 2015

TRISTE NOTICIA: LUIS ARAGUNDE SUFRE ALZHEIMER








TRISTE NOTICIA: LUIS ARAGUNDE SUFRE ALZHEIMER  
(OU CANDO VEMOS A PALLA EN OLLO ALLEO E NON A VIGA NO PROPIO)



Sinto moito, queridos amigos, que sexa eu quen teña que darvos tan triste noticia pero o noso ex alcalde Aragunde sufre alzheimer.
Xa sabedes todos que Luís nunca foi persoa da miña admiración senón mais ben todo o contrario,  pero nestes momentos tan duros quero ser o primeiro en darlle todo o meu apoio; seguramente a maioría non sabia nada e sorprenderalle esta nova pero é normal: por saber aínda non o sabe nin el pero a sintomatoloxía está moi clara e veuse perfectamente nas últimas comparecencias  ante a prensa que realizou e, certamente, é moi preocupante a perda de memoria que amosa o ex rexedor da nosa vila porque, en ditas comparecencias, as lagoas no recordo destacaron de sobremaneira  o que fai que teñamos algo máis que indicios para preocuparnos pola súa saúde  mental, así que comezaremos a numeralas para que vexades que hai motivos máis que evidentes para a preocupación.
O primeiro fallo evidente de memoria de Luís fai referencia a súa queixa de que fai quince días  (¡¡quince días!!) pediu información ao goberno local sobre as horas extras realizadas por un funcionario durante a Festa do Albariño e, declarou amargado que  non se lle facilitou tal información, repito a cifra: 15 días .............vamos a ver querido e desmemoriado veciño: ¿cantas e cantas veces, cando ti eras alcalde, pediuche a, entonces oposición, BNG e PSOE, información que ti por lei tiñas que facilitarlle e ti negácheslla?   E non falamos de quince días de retraso senón de meses e meses, tendo incluso que acudir a xustiza para que facilitaras tal información ¡¡ai Luisiño, Luisiño que pouca memoria (e vergoña) tes, o mínimo que tiñas que facer é estar caladiño porque para esixir algo primeiro hai que predicar co exemplo, e neste caso, en concreto, ti es o menos indicado para falar.  Por certo, a pesar de que non se lle facilitou tal información, Luisiño afirma que tal funcionario cobrou soamente en horas extras e na Festa do Albariño, 1.500 euros; isto dende logo amosa a ignorancia do ex alcalde e xa pasa a engrosar unha máis da súa antoloxía de paridas, porque cun rápido cálculo mental si temos en conta que a Festa do Albariño durou 5 días e, supostamente, eses 1.500 euros foron soamente en horas extras, matematicamente non hai horas do dia para cubrir tal cantidade (salvo que dito funcionario se cotizase, por exemplo, ao prezo de Bruce Springsteen  ou Madonna) pero que lle queredes a Luisiño cando se pon a falar “ao peido” por esa boquiña de piñón.
Outro fallo de memoria evidente do ex alcalde fai a referencia a súa queixa de que “durante la Festa do Albariño hubo policías locales trabajando sin uniforme y haciendo de guardaespaldas de paisano” ...aquí temos outra proba da mais que evidente  perda de memoria de Aragunde porque non fai falta ir moi lonxe no tempo para lembrar que, en pasadas edicións da Festa do Albariño, cando Aragunde era alcalde, varios policías locais sen uniforme, no domingo de Albariño, prestaron apoio ao resto de forzas e corpos de seguridade, escoltando ás autoridades (presidente da Xunta, presidente da Deputación etc.)  durante o paseo entre a Casa Consistorial e o Pazo de Fefiñans (hasta podiamos dar os nomes e apelidos de ditos axentes) pero, claro, Aragunde non se lembra porque aparte da súa mencionada perda de memoria, quizais, estaba mais ocupado mirándolle o escote, por exemplo,  a Paloma Lago.  

Deixo para o final a perda de memoria mais alarmante de Aragunde e esta non foi outra que a declaración que fixo na que afirmaba que “ a  alcaldesa de Cambados non manda nada” ou de que “A alcaldesa de Cambados non existe”; dende logo que isto o diga un individuo como Aragunde que chegou a alcaldía de rebote (lembremos que tras a renuncia de Tourís por ser nomeado delegado provincial da Xunta, o posto de alcalde tocáballe a Sra. Carro por ser nº 2  e para que tal cousa non acontecese, quizais porque non seria tan “dócil” relegárona a un posto de secretaria); Aragunde  que  nunca deixou de ser o “home de palla” de Tourís, o seu “perrito faldero”  e  isto non é que o diga eu, basta con lembrar unhas palabras recollidas da prensa  no ano 2012 dun importante cargo do Partido Popular a raíz dunhas presuntas comisións ilegais: “9.000 euros fueron para Cambados, para el alcalde, no, para Tourís” (fonte: edición dixital do diario EL PAIS de data 6 de outubro de 2012) .....hasta no partido da gaivota tiñan claro que quen seguía gobernando en
Cambados era o “Gentleman de Oubiña” e non Luisiño, por iso non deixa de ser gracioso que Aragunde veña dicindo agora que “a alcaldesa non manda nada”; por certo, e como ben sinalou o meu compadre Óscar Manuel Núñez nun post, Fátima non manda, goberna; todos sabemos que o Partido Popular non comprende que se pode gobernar nunha coalición de varios partidos, basicamente, porque con eles case ninguén quere pactar e soamente saben gobernar en maioría absoluta pero, soamente, hai que botar unha ollada a Europa (onde na maioría de países o goberno fórmano coalicións)   para comprender que gobernar (que non mandar) consiste en iso, en achegar posturas entre varios partidos, en facer  coalicións; Fátima simplemente fixo o que faría todo bo gobernante que é  saber delegar pero intentarlle explicar iso aos da dereita que aínda arrastran moitas “maneiras” do anterior réxime e moi difícil.  


Seguiremos atentos para ver como evoluciona a fráxil memoria de Aragunde en calquera caso sempre pode contar co apoio dun dos nosos cambadeses máis universais: o doutor Ramón Cacabelos, unha eminencia na loita contra o alzheimer e, dende logo, desexámoslle unha mellora e que a cousa non vaia a máis.



UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.