
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase a partir das primeiras horas de mañá, mar combinada do oeste e noroeste de 5 a 6 metros que afectará o noroeste, suroeste e oeste da provincia da Coruña e á provincia de Pontevedra. Na costa de Lugo, haberá alerta amarela con mar combinada de oeste e noroeste que pode alcanzar os 4-5 metros.

Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.