Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de octubre de 2015

SUBE O NUMERO DE PARADOS EN GALICIA






O paro sobe en Galicia en 2.005 persoas en setembro

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) aumentou en Galicia en 2.005 persoas en setembro en relación co mes anterior, un 0,94%, ata alcanzar un total de 215.737 desempregados.    Con respecto ao mesmo período de 2014, a comunidade galega conta con 22.466 persoas menos no desemprego, o que significa unha baixada do 9,43%.    No conxunto estatal, o paro subiu en 26.087 persoas en setembro, un 0,64% respecto  ao mes anterior, ata situarse o total de desempregados en 4.094.042 persoas.

En termos interanuais, o número de parados diminuíu en máis de 353 persoas dende setembro de 2014. Márcase así a maior redución rexistrada nun noveno mes do ano de toda a serie histórica.

Mentres, a afiliación á Seguridade Social creceu en case 9 mil persoas respecto ó mes anterior.



PROVINCIA DE PONTEVEDRA


No caso da nosa provincia a vendima apenas axudou a recortar o número de parados, ben e certo que avendima non dou durado ata outubro.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) aumentou na provincia de Pontevedra en 1.391 persoas en relación co mes anterior, un 1,64 % ata alcanzar os 86.366 desempregados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.