Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de octubre de 2015

PREVIA DO SAMMIC-XUVEN DE MAÑÁN






Xeiras contrapostas atoparanse en Azpeitia no choque que, xa na tarde do domingo (e que se poderá seguir por FEBTv) poñerá punto e final á cuarta xornada da LEB Prata. Os de Iker Bueno acumulan dúas vitorias seguidas, complicadas ambas: con remontada e prórroga ante Tarragona e con final apertado en Xetafe. Marcius e Semple tomaron o mando do equipo e as vitorias ante empezado a chegar. Todo o contrario nun Xuven Cambados que, tras o histórico arranque de competición en O Pombal, non volveu a coñecer a vitoria: acariñouna cos dedos en Granada e apertou ao final ante Olivas Fragata Morón.
Sen Jesús Díaz nin Michel Diouf. O Xuven de Cambados preséntase mañá en Azpeitia para medirse ao Sammic Iraurgi cunha rotación de oito xogadores, unha vez que nin o escolta nin o pivote puideron adestrar onte. 
Os amarelos saían este mediodía cara terras vascas en autobús.


Domingo, 18:00 h. (FEBtv)

Atención a: Joel Freitas. O escolta do equipo galego está a asinar un espectacular arranque de tempada: 21.7 puntos, 5.7 rebotes, 25.3 de valoración e un incrible 62.5% desde a longa distancia.

O dato: 67-76 a pasada campaña para os galegos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.