Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de octubre de 2015

PRESENTADA A PROGRAMACIÓN CULTURAL OUTONO-INVERNO DE CAMBADOS









Unha programación cultural moi extensa foi presentada esta mañá polo concelleiro de Cultura de Cambados, Víctor Caamaño.


A programación cultural de Cambados para este outono e inverno contará con actividades variadas para todos os gustos.
Teatro, exposicións, presentacións de libros, charlas, obradoiros para nenos, actuacións, concertos e actos en homenaxe a Ramón Cabanillas e Luis Rey, son algúns das actividades nas que se inician dende esta semana e se poderán disfrutar ata o mes de Xaneiro.

Un dos actos de máis relevancia este outono será a semana en homenaxe a Ramón Cabanillas, que dende o 4 de novembro ata o 14 do mesmo mes haberá numerosos actos culturais. Ademáis, o día 9 de novembro conmemorarase o aniversario da súa morte coa colocación dunha praca na casa onde pasou os seus últimos días de vida.
Outro dos eventos que se celebran en Cambados é o 125 aniversario da Banda de Música de Castrelo que realizará concertos durante os meses de novembro e decembro, e tamén a actuación de fin de ano.

O Concello de Cambados tampouco quixo esquecer ó recente falecido escritor Luis Rey, e celebrará un acto conmemorativo para poñer unha placa na Biblioteca Municipal que xa leva o seu nome, e que será o día 31 de outubro.
Non faltará teatro, actividades infantís e outros eventos que xa se viñan organizando como as Xornadas de Augardente e a Feira de Creadores Emerxentes, Peter's Room.



Descargar: Programación cultural outono inverno.pdf



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.