Bea Costa, Redactora para Cambados de “La Voz de Galicia”segue na súa Cruzada para acabar cos infieis, e coma tal se pode catalogar o artigo de hoxe 22 de Outubro na Edición de Arousa e o seu comezo abrupto, desafiante, e cheo de inquina baixo o meu humilde punto de vista: “As políticas de austeridade no Concello de Cambados chegan aos camposantos (…)”. Era visto que esta moza morena, guapa, e cunha grande preparación periodística non podía deixar de enfangar o que é un día de loito para os veciños de Cambados por mor dos motivos que todos coñecemos. É obvio que ten informadores / informantes nas huestes do Partido Popular cando chega aos seus oídos cuestións que se falan na Xunta de Goberno Local moitas das veces e que se recollen baixo a fórmula de dictámines e teñen o seu propio libro de actas. Está no seu deber de percurar información, os periodistas tamén chegan moitas veces antes que a policía ao escenario do crime. Irreprochable. Outra cousa é a redacción que da as novas, desafortunada, capciosa e cun til de acoller no seu berce o ideario da dereita Cambadesa. O enlace o copio e o pego neste artigo de opinión que representa, ao que subscribe o mesmo (a título particular), eran tantas as saídas de pata de banco desta moza que estaba pedindo a berros un artigo.
Haber miña prenda: o Concello colocaba cruces e coronas de flores no día dos cemiterios e o grupo de goberno decidiu rematar con esta práctica, o que suporá un aforro para os contribuíntes de entre 800 e 1000 euros, ou que é o mesmo: o salario mensual dun dos traballadores que pertencen á “gama alta” Española, aí e nada. Compre lembrar que España é un Estado aconfesional ao abeiro do artigo 16 da Constitución Española e que temos un cemiterio que é propiedade da Igrexa Católica. A pesares diso, hai coma sí suliña o artigo, catro operarios que se encargan das labouras de mantemento, que revisan as fontes e os sistemas de iluminación, un xesto que di moito do carácter tolerante, demócrata e con altura de miras que o goberno de consenso mantén cos veciños. Se podería falar de como quedou en nada nos 80 a idea do BNG de municipalizar o Camposanto Parroquial e das trabas que puxeron os propietarios e o finado párroco, D. Antonio Liste Rodríguez, pero sería longo de explicar e daría para dous artigos.
ARTIGO DE "LA VOZ" |
“Co anterior goberno do PP no cemiterio de Santa Mariña se facía a limpeza antes do verán, dado que alí as ruínas reciben cada vez máis visitantes” (…) Sen palabras, te quedastes corta ”cielo”: ía Luis en persona a supervisar aquelo, e namentras pasaba a súa aura que tantas paixóns esperta en tí, presuntamente, quedaban mimetizadas na pedra”. Máis poesía Bea e menos folletíns novelescos: a xente precisa paz e este tipo de artigos o que xeneran son “inshidiash”. Calma: Luis voltará, e con il o Reino dos Ceos (Ridley Scott).
Cinéfilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.