Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de octubre de 2015

EXPOSICIÓN SOBRE "VENTO MAREIRO" DE CABANILLAS








Este ano conmemórase o centenario da publicación do libro “Vento Mareiro” do poeta cambadés e universal Ramón Cabanillas Enríquez. Esta obra, doada de ler, achéganos á realidade de Cambados, do  Salnés e de Galiza, aos problemas dos galegos e galegas daqueles tempos (a emigración, a guerra, as inxustizas, a pobreza...), á historia e ás lendas, ao amor, aos persoaxes da época, á natureza e ás xentes do campo e do mar (moitos aínda vixentes).
Entre os diversos actos a realizar na proximidade destas datas, a Concellería de Cultura propón a realización dunha exposición fotográfica aberta inspirada nos poemas de “Vento Mareiro”.Con esta actividade queremos facer un chamamento á todas as persoas afeizoadas á fotografía para que nos acheguen un traballo de formato libre inspirado nalgún dos poemas desde libro.
O obxectivo é divulgar a obra de Cabanillas á vez que se presentan imaxes que non acheguen á realidade de Cambados e Galiza desde os máis diversos puntos de vista.
O prazo de entrega dos traballo rematará o venres 30 de outubro e o lugar de contacto será a Biblioteca Municipal. Cada fotografía deberá ir acompañada dos datos do/a autor/a e do texto escollido (para calquera dúbida dirixirse á persoa encargada da biblioteca).





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.