Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de octubre de 2015

ASIGNACIÓNS ECONÓMICAS AOS GRUPOS MUNICIPAIS E CONCELLEIROS DE CAMBADOS








O Pleno da Corporación Municipal de Cambados, en sesión celebrada o día 30.06.2015, por maioría, acordou aprobar á seguinte proposta da Alcaldía: “ Coa finalidade de que os grupos municipais poidan dotarse dunha adecuada organización para o seu correcto funcionamento, a Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, sinala no seu artigo 73.3 que o Pleno da Corporación, con cargo ao seu orzamento, pode asignar aos grupos políticos municipais unha dotación económica que deberá contar cun compoñente fixo e outro variable en función do número de membros de cada grupo. Con tal finalidade, proponse establecer unha asignación anual de 600 € a cada un dos grupo políticos municipais que integran a Corporación, en atención á finalidade de atender necesidades de funcionamento de cada partido con representación municipal, e de 25 € concelleiro/a ó mes, pagadeiras á finalización de cada exercicio económico. 
Establecéndose, así mesmo, que as devanditas cantidades non poderán destinarse ao pago de remuneracións do persoal de calquera tipo ó servizo da Corporación nin a adquisición de bens que poidan constituír activos fixos de carácter patrimonial. As dotacións económicas asignadas aboaránse ao portavoz de cada grupo político municipal que deberá levar unha contabilidade específica da dotación, que terá a disposición do Pleno da Corporación no caso de que lla requira, adoptándose as medidas procedentes para a suplementación dos créditos orzamentarios se as dotacións existentes resultaran insuficientes e consignándose anualmente cantidade suficiente para facer fronte as obrigas económicas derivadas do cumprimento do acordo adoptado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.