Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de octubre de 2015

CONCERTO A BENEFICIO DA LOITA CONTRA O CANCRO










Este domingo ás 19:30 o auditorio da Xuventude acolle o concerto a prol da Asociación Española Contra o Cancro. Nel participarán a Coral Polifónica de Santa Mariña e o grupo de acordeóns Arosa Bay.
A Asociación Española Contra o Cancro é unha ONL (Organización Non Lucrativa), privada e declarada de utilidade pública, que leva 60 anos traballando na loita contra o cancro. A AECC integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan para previr, sensibilizar, acompañar ás persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica e tratamento do cancro. O seu obxectivo: mellorar a vida das persoas.
Estruturada en 52 xuntas provinciais e presente en máis de 2000 localidades españolas, a AECC desenvolve o seu traballo a través dos seus máis de 15000 voluntarios e 680 empregados baixo unha filosofía de colaboración coas autoridades sanitarias, institucións científicas e aquelas outras entidades que perseguen un fin análogo ao da asociación.
Todo elo sempre baixo os principios de axuda, unidade, transparencia, profesionalidade, independencia e dinamismo, abordando o cancro dende un enfoque integral:
Apoiar: atención personalizada e individualizada, atención social (axudas económicas, préstamo de camas eléctricas, cadeiras de rodas, perrucas, próteses, grúas, programas de inserción laboral, programa de alimentos), atención psicolóxica, atención sanitaria (unidades de coidados paliativos, programa volver a falar para larinxectomizados), pisos e residencias.
Investigar: investigación oncolóxica de calidade orientada ao paciente. A AECC é a entidade privada que máis fondos destina á investigación oncolóxica.
Informar e concienciar: educación para a saúde en colexios, solidariedade na empresa, campañas sobre o cancro de colon, cancro de mama, cancro de pulmón, cancro de pel, etc.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.