Hai escasas duas horas enterábamonos do pasamento de Xaquín Charlín "CHON".

Funcionario de Xusticia sempre colaborou e participou nos proxectos que se lle propoñían.
Na política como concelleiro do BNG, sindicalista da CIG, no C.J. Cambados, no Xuven, na mellor comparsa da historia de Cambados, "Unha Grande Chea", no proxecto "Xironsa", en calquer causa solidaria, a última a loita contra a "AME", por suposto a sua faceta como blogger e moitas máis iniciativas.
Por todo esto "CHON" gañouse o aprecio e admiración de moitos cambadeses e de moita xente de fora de Cambados.
Agora o mundo "blogger" queda sin un dos seus máximos expoñentes.
Pero sobre todo un esposo, un pai e un amigo que se vai deixando un oco irremplazabel.
Desde aquí un abrazo para a familia e amigos máis íntimos.
1 comentario:
Dende O Grove o máis entido pésame, xamais esquezeremos un home coma Chon.
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.