O malo de publicar unha nova "de oídos" é que che poden enganar ou podes deixarte enganar. Calquera das duas cousas está mal e resta credibilidade as túas seguintes publicacións si é que a tiñas.
Eso é o que ven de acontecer con certa "bitácora" local que levada por falsas informacións publicou un artigo cheo de falsedades e medias verdades que son peores que as mentiras.
En primeiro lugar non houbo máis altercados que os protagonizados por unha candidata do PP e unha concelleira dese mesmo partido que insultou ao concelleiro Xurxo Charlín.
Polo demáis os "rebumbios" que se producen en todos os plenos e que veñen por todos os lados, pero ao ser máis numeroso un grupo fai que o outro non se note tanto.
En canto a non retrasmisión do pleno so hai que saber que mentras a modificación da ordenanza ainda está a exposición pública non se poden retrasmitir.
E por suposto as discrepancias son invención do que escribe ou de quen o informa. Polo menos si dixera supostas.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.