Este venres 25 de Setembro as 20h INAUGURACIÓN no Pazo de Torrado da exposción de GUILLERMO PEDROSA, “SUPERFICIES DO TEMPO”.
“A concepción bidimensional da pintura sitúa estes traballos nun terreno híbrido, complexo a hora de inscribilos nas metodoloxías creativas tradicionais A forma desmémbrase, dilúese ou faise contundente, adoptando acabados propios de outros materiais mais sólidos, xogando a modo de trampantoxo con esa dualidade dunha solidez aparente contra o que non é mais ca pigmento sobre tela, iso si, montada sobre unha estrutura previa elaborada con outros materiais.”
Guillermo Pedrosa

Duración e horarios:
de martes a domingo, de 17 a 20h.
Do 25 de Setembro (Venres) ao 25 de outubro (Domingo)

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.