Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de septiembre de 2015

SAN LUÍS ARAGUNDE "O ALTRUISTA"







O PAPA FRANCISCO, A PETICION DO PARROCO DON JOSE,  INICIA O PROCESO PARA FACER SANTO  A  LUIS ARAGUNDE  “O  ALTRUISTA”


Como seguro que saberedes moitos de vos  o proceso para facer santo  a unha persoa  é un camiño  longo e tortuoso;  aparte de ter que demostrar que dita persoa levou a cabo, como mínimo,  tres milagres,  tamén se esixe unha vida de “bondade” , “xenerosidade” e “dedicación”  en  pro dos demais;  aínda que, en ocasións,  non sempre é  así, xa que, ás veces, ocorre que  a persoa que, finalmente, acaba sendo canonizada, inicialmente, levou unha vida “pecaminosa” e moi lonxe da doutrina de Deus; exemplos temos dabondo  nas Sagradas Escrituras, sen ir mais lonxe San Pablo de Tarso que, antes da súa conversión á fe de Deus, perseguía a  cristiáns e, mesmamente,  afirman algúns historiadores que  estivo presente no martirio e lapidación do diácono Esteban.
Estaredes a preguntarvos, queridos amigos, a que ven  hoxe este comezo tan “teolóxico”, a explicación é ben sinxela: en Cambados, probablemente, estase a xestar un futuro beato, un santo varón que, ao igual que o anteriormente mencionado San Pablo, tras uns comezos moi  pecaminosos, parece vivir a súa  particular “conversión” e  pensa soamente en “facer o ben”; este non é outro que o ex alcalde e actual portavoz da oposición, Luís Aragunde.
Moitos podedes estar pensando que, cecáis, esté esaxerando pero non é así,  Luís  sufriu un cambio radical dende que deixou a alcaldía e, agora, é unha persoa totalmente nova que soamente pensa en facer o ben e sacrificarse polos seus veciños e a mellor proba de tal cousa atopámola, fai pouco mais de dúas  semanas cando Aragunde e o seu partido decidiron doar as dietas pola asistencia aos plenos a asociación “Esperanza Salnes” como protesta porque coa nova corporación vanse a dobrar o numero de sesións plenarias o que, segundo a súa versión,  suporá un maior gasto ás arcas municipais; ¡¡¡por favor sede sinceros comigo!!! ¿acaso este home non merece que se lle faga un altar na capela da Pastora e acudir en peregrinación a rezarlle? ¡¡canto bondade, meu Deus!! Algún dia, o noso veciño ocupara un posto privilexiado ao carón de outras personalidades que tamén se sacrificaron polos demais como Gandhi ou a Nai Teresa de Calcuta.
Algúns podedes estar a pensar que  doar ditas dietas é o mais lóxico dado a actitude, de total desidia, que mantiñan os concelleiros do PP nos plenos: mentres falaban os membros do PSOE ou do Bloque púñanse a xogar co móbil, Jose Juan pintaba a mona, botándolle bicos as concelleiras da oposición ou  Eulogio Pomares “Locho” aproveitando para facer a sesta pero, esquezamos todo iso, concedámoslle a Luís o beneficio da dúbida e consideremos  tal feito como  proba da súa redención.   
Aragunde, cando era alcalde, pouco ou nada tiña que ver coa súa renovada conciencia: fixo do Xantar do Albariño unha festa bacanal e luxuriosa na que para nada cumpría con aquel principio tan  cristián de “dar de comer a quen non ten”...... a maioría dos que invitaba tiñan ....e moito.
Tamén, Aragunde, era como aqueles hebreos que, na ausencia de Moises, decidiron  levantar e adorar unha escultura que representaba a un  becerro de ouro aínda que, no caso do noso ex alcalde, esta figura  era de bronce e tiña forma de porco (e a dia de hoxe segue no parque de Torrado).
Pero todo iso, como xa dixemos, forma parte do pasado e, a diferenza de cando era alcalde, agora a Aragunde parece preocuparlle ata o último euro das arcas municipais aínda que sexa en algo tan  en pro da democracia e da transparencia como é aumentar o número de sesións plenarias que, por certo, todo hai que dicilo, dito gasto vai ser moi inferior  a, por exemplo,  todas as dietas de comidas e viaxes inútiles (a Italia ou a Alemaña por exemplo) que pasaba ao cobro na súa etapa de rexedor ou, por facer  outra comparativa, dito aumento plenario, nin de lonxe, se aproxima ao que lle custaba a tódolos os cambadeses o cargo de xefe de prensa que, a experiencia, demostrounos que era totalmente inútil e prescindible: levamos case tres meses co novo goberno municipal, xerando moita actividade informativa e, dende logo, os medios de prensa non teñen problema para seguir  informando e publicando  (non te enfades Benito “dilios 314” pero é así, mal que che pese).
Estaremos atentos a esta “conciencia renovada” de  Aragunde e animarémolo a que siga nesa liña, e xa que agora amosase tan altruísta,  que doe , tamén, o seu soldo como deputado (total para o que fai), aínda que iso  suporía  ter que deixar de vivir do conto da política, volver ao seu antigo traballo e baixar o lombo e iso é algo que aos ex alcaldes peperos cambadeses débelle producir alerxia pois tanto Tirado (por pouco tempo) como Tourís non volveron a retomar a súa anterior actividade profesional unha vez deixaron o sillón nobre do Consistorio de forma continuada. 



UN SAUDO A TODOS
   RICARDO DOMINGUEZ REY  







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.