Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de septiembre de 2015

A VOLTA A GALICIA PASARÁ POLA COMARCA








A Volta Ciclista a Galicia percorrerá as estradas galegas a partir do próximo venres 18 e ao longo de tres xornadas cubrindo un total de 423 quilómetros. A gran rolda galega por etapas celebra esta tempada a súa décimo cuarta edición dende que adquiriu a súa condición de afeccionado. A cita foi presentada este mércores en Ourense nun acto no que estiveron presentes os presidentes das federacións galega e española de ciclismo: Carlos Muñíz e José Luis López Cerrón, respectivamente; ademais do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e o Secretario Xeral para Deporte, José Ramón Lete Lasa.
Muñiz destacou o nivel participativo desta Volta que contará con dezaoito equipos en liza sendo o Lokomotiv ruso o último en sumarse a unha lista na que xa figuran os sete conxuntos galegos de categoría afeccionado.
O próximo 18 comezará a proba aos pés das Murallas de Lugo e discorrerá por localidades como Friol, Baamonde ou Vilalba e unha soa dificultade montañosa, o alto de Vilalonga, un terceira categoría a 28 quilómetros de meta. Guillermo Sande, Director da proba, resaltou que é unha etapa que podería decidirse ao sprint se ben o porto final podería ser un bo punto de PARTIDA para defender un liderado.
Entre os equipos participantes merece especial atención o Aluminios Cortizo que dirixe Suso Blanco Villar gañador nas dúas últimas edicións. A participación galega completarana o super Froiz, Speed Road, Caeiro, Rías Baixas, Autronic e Concello do Porriño.
Nestes tres días estarán en xogo cinco maillots. O vermello de líder de metas voantes, o azul de mellor galego da clasificación, o verde para o mellor escalador; o branco que distingue ao primeiro sub 23 e, o clásico amarelo para o líder da clasificación xeral individual.
A organización corre a cargo da Federación Galega de Ciclismo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.