Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de septiembre de 2015

OPERADORES TURÍSTICOS SUÍZOS VISITAN GALICIA







Representantes de once operadores turísticos de Suíza completan esta fin de semana a viaxe de familiarización organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Zürich na que puideron coñecer a oferta turística galega sobre todo a relacionada cos segmentos urbano, cultural e de natureza.

Os axentes turísticos suízos que realizan esta viaxe de prospección comezaron a súa visita en Galicia o pasado día 8 de setembro e rematarán a súa estadía hoxe, cunha visita pola cidade de Ourense.
Este grupo de profesionais do turismo representan aos principais operadores turísticos suízos, que neste caso son Steinfels Sprachreisen AG, Incentive Reisen AG, Carlson Wagonlit Travel, Ositos Reisen, Hotel Plan MTCH AG/Städtereisen, El Cangrejo Loco, Vinowere GmbH, Drusberg Reisen, BCD Travel Suisse AG, Twerenbold Reisen AG e American Express Meetings & Events.
Programa da viaxe
O programa desta viaxe arrancou en Santiago de Compostela, onde os visitantes puideron coñecer os principais atractivos turísticos da Cidade do Apóstolo así como os aspectos relacionados co fenómeno xacobeo.
Logo, dedicaron un día a percorrer a cidade da Coruña, cunha visita á Torre de Hércules, e o día 10 de setembro achegáronse ata as Rías Baixas, con percorridos por Cambados, A Lanzada, Combarro e a cidade de Pontevedra.
Hoxe, último día da viaxe, estes profesionais do turismo de Suíza rematarán a estadía en Ourense, cunha xira termal e coñecerán un pazo galego en Santa Cruz de Ribadulla.
Na súa visita a Galicia, estes operadores tamén tiveron a oportunidade de achegarse a distintos ámbitos do sector turístico galego no eido da restauración e a hostalaría.

Turismo suízo
Durante o pasado ano 2014, o mercado suízo en Galicia incrementou os seus niveis de demanda en relación ao 2013, nun 27% no que respecta á cifra de viaxeiros aloxados e nun 35% o seu número de pernoitas.
Nos primeiros sete meses deste ano 2015 o mercado suízo continuou coa dinámica positiva superando nun 48% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 39% o volume de pernoitas do mesmo período do pasado ano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.