Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de septiembre de 2015

DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DA ALCALDÍA NA XUNTA DE GOBERNO DE CAMBADOS







DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DA ALCALDÍA NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Faise publico para xeral coñecemento que o Pleno da Corporación Municipal de Cambados, en sesión celebrada o día 30.06.2015, por maioría, acordou darse por enterado da seguinte Resolución da Alcaldía:= “Delegación das competencias da Alcaldía na Xunta de Goberno Local.- “RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.- Os artigos 21.3) e 23.4) da Lei 7/85, de Bases do Réxime Local, e o 61.3) da Lei 5/97 de A.L.G., en relación co artigo 15 do Regulamento Orgánico Municipal e 43 do R.O.F. permiten á Alcaldía delegar atribucións na Xunta de Goberno Local.

Na súa consecuencia, pola presente teño a ben RESOLVER:

1º.- Delegar na Xunta de Goberno Local as atribucións relacionadas no citado artigo 21 da Lei 7/85 e 61 da Lei 5/97, agás as que se indican de seguido:

• Convocar e presidir as sesións do Pleno da Corporación e da Xunta de Goberno Local.
• As correspondentes aos apartados b), f), h), j) e k) do apartado 1 do artigo 61 da citada Lei de Administración Local de Galicia.
• A aprobación dos pagamentos a xustificar.
• A aprobación da Liquidación dos Orzamentos.
• A aprobación das modificacións orzamentarias que non sexan competencia plenaria.
• A incoación dos expedientes de contratación.
• A aprobación das nóminas do persoal.
• A aprobación das liquidacións tributarias e os recursos contra as citadas liquidacións.
Así mesmo, quedan delegadas as atribucións a que se concretan os números 9 e 21 do artigo 41 do mencionado Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das entidades locais; todo elo sen prexuizo das delegacións especiais que poidan decretarse cando se coide procedente e das que, en todo caso, darase conta ó Pleno.

2º.- Que da presente Resolución se dea conta ó Pleno da Corporación, na primeira sesión que celebre; e,

3º.- Que, segundo o preceptuado polo artigo 44.2 do repetido R.O.F., se remita edicto ó B.O.P., co contido da presente Resolución”.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.