Tras os encontros cos alcaldes de Pontevedra e Vilagarcía Carmela Silva inicia este mércores, en Cangas e Silleda, as visitas institucionais ao resto dos municipios da provincia. A presidenta da Deputación percorrerá nos próximos dous meses e medio os 62 concellos pontevedreses, onde manterá reunións cos alcaldes e alcaldesas para coñecer de primeira man as necesidades e inquietudes de cada localidade e para explicarlles persoalmente o novo modelo de relación cos municipios implantado polo goberno provincial.
Silva cumpre así co seu compromiso, xa expresado no seu discurso de investidura, para que a Deputación se convirta nunha institución intermunicipal e non supramunicipal e que os concellos e os seus representantes sexan os verdadeiros interlocutores da institución provincial.
Este mércores 16 a presidenta visitará os concellos de Cangas e Silleda e, nos días que restan de setembro, os de Pontecaldelas o día 17, Marín e Redondela o 28, Lalín, A Illa e A Guarda o 29 e A Estrada e Ponteareas o día 30.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.