Se a alguén lle sentou ben a chuvia dos últimos días é aos adegueiros da denominación de orixe Rías Baixas. A uva está en perfecto estado. Este ano, cunha boa climatoloxía, bo tempo, calor, agora esta chuvia que é magnífica para corrixir a acidez, para a maduración e para todo. Os adegueiros e viticultores da zona amósase moi optimista de cara á colleita deste ano polas boas condicións atmosféricas que houbo ata agora. A uva está en perfecto estado. Como se pode ver ao visitar as viñas, estas están superverdes e moi limpas.
Agora o que necesita a uva é sol para acabar de madurar e coller todo o azucre e a graduación que lle fai falta. A vendima está previsto que comece a mediados de setembro e as expectativas son moi boas tanto en calidade coma en cantidade. Arredor duns 35 ou 36 millóns de quilos de uva.
En xeral na D. O. Rías Baixas prevese que se acade sobre un 35 por cento por riba da colleita do ano anterior. Entre un 35 e un 40 por cento. Vai ser un viño fantástico. Case non vai haber traballo para os enólogos na adega porque tal e como está a uva o viño vai saír moi bo, non vai haber que facer malolácticas, nin grandes cousas. A calidade da uva é moi bo.
Ata que chegue a hora da vendima os viticultores céntranse en preparar as instalacións para a recepción da uva e eliminar as follas do viñedo para tratar de ter aireados os acios.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.