Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de agosto de 2015

A BIBLIOTECA MUNICIPAL PASARÁ A CHAMARSE BIBLIOTECA "LUÍS REI"






O grupo de goberno de Cambados propondrá no pleno deste xoves, que a biblioteca municipal pase a denominarse Biblioteca Luís Rei, responsable da mesma durante anos, que faleceu o pasado 10 de agosto.
Entende o Equipo de Goberno que Luis Rei foi "un home comprometido co desenvolvemento cultural de Cambados ademais de artífice do seu crecemento e unha referencia imprescindible para varias xeracións de usuarios e usuarias da mesma".
A cultura galega en xeral, a do Salnés e a de Cambados en particular tiveron na súa persoa un paladín xeneroso, entusiasta e incansable. Dedicou anos e anos de esforzo a estudar a figura de Ramón Cabanillas. ..e divulgou en artigos e traballos numerosos aspectos, anécdotas, feitos históricos e personaxes do seu Salnés, moi particularmente das dúas vilas que constituíron os esteos da súa identidade, Cambados e O Grove.
E, por se todo isto non abondase, despregou durante varias décadas todo o seu bo facer como técnico cultural na nosa vila, enchéndoa de bo teatro, boa música e boas exposicións de arte"


Info: Arousa Si Radio




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.