Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de agosto de 2015

OS PÁXAROS TÍRANSE AS ESCOPETAS







QUE DESCONFIADOS SON ESTOS DO PP

O ex-alcalde de Cambados e actual Deputado Provincial ven de protestar ante os medios de comunicación porque na vindeira semana a Deputación Provincial vai ter unha reunión cos alcaldes da Comarca do Salnés en Vilagarcía e non en Cambados donde está a sede deste organismo supramunicipal. Parece lóxica a petición de non ser porque ven dalguén do partido que deixou escapar a sede da D.O. Rias Baixas para Pontevedra cando o lóxico é normal e que se trouxera para Cambados e que despois de anos non fixera ningún movemento para devolverlle a Cambados a Capitalidade da D.O. Rias Baixas e ademáis non se invita a Mancomunidade.
Os temas a tratar, segundo a entidade provicial son o asesoramento en materia de accesibilidade, mobilidade e seguridade vial, e ademáis sobre residuos e parques forestais.
Materias que esta a xestionar a Mancomunidade de O Salnés e que non está convocada á xuntanza.

En palabras de  Gonzalo Durán, "..... o que se pretende dende a Deputación e facer desaparecer a Mancomunidade, xa que non contan con este ente para tratar os asuntos".
Tampouco entende porque lle dan o cargo de responsable territorial do Salnés, a Xosé Leal, que é deputado de Bueu do BNG, tendo en conta que en Vilanova hai un deputado comarcal do PSOE.
Será que cada formación programa o seu equipo como lle peta, pensando no mellor.
Alegan que a Deputación pretende eliminar a Mancomunidade. Debe haber un programa oculto como fan no PP que amosan o blando para enganar e acometen o duro para fastidiar.
Luis Aragunde, reclama que a sede da Mancomunidade esta en Cambados e non se debe facer a reunión en outro lugar.
Luis Aragunde considera que a alcaldesa de Cambados debe facer algo para evitar que a sede da Mancomunidade desapareza de Cambados, o igual que fai para reclamar a sede do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, xa que sinon, Cambados perderá peso político.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.