
Os buses do viño emprenderon un ano máis a súa viaxe. Onte comezaba unha nova edición das actividades estrela da Ruta do Viño Rías Baixas. Pasear entre os viñedos, coñecer un pouco da súa historia e, sobre todo, desfrutar do albariño é o obxectivo destes percorridos que se desenvolven ata o 26 de agosto.Sanxenxo, Baiona, Pontevedra e Vigo son os puntos de saída dos buses do viño que poñen en valor o patrimonio enolóxico das Rías Baixas.
Segundo Romina López, Guía turismo Ruta Rías Baixas "o viño é o que abre o camiño, o viño é o que dá a coñecer a terra. O primeiro é o viño. Canto máis viño se vende en distintos países máis visitantes temos na ruta"
En cada itineriario visítanse 3 adegas distintas. Os profesionais explícanlles que o que fai o viño é a zona onde se produce.
Vivir a experiencia é o que máis lles interesa aos participantes.
Tras a visita chega a degustación. Para coñecelo ben, nada como catalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.