Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de agosto de 2015

CAMBADOS OUTRA VEZ EN LARPEIROS DA TVG







O produto protagonista é a faneca, un peixe moi rico que se pesca en toda a costa de Galicia pero que, curiosamente, non conta con ningunha festa na súa honra. As fanequiñas fritidas son unha delicatessen, unha auténtica delicia, e xa non falemos cando están nunha fritura variada de peixes, acompañadas de xoubiñas, xurelos, salmonetes ou luras. Aos “Larpeiros” encántanlles os peixes pequenos e, se van acompañados cunhas patacas cocidas, a festa xa é rachada.

Como de peixiños pequenos vai a cousa, don Benigno propón facer, coa axuda de dona Lola, un xantar que sorprende o resto dos comensais: unha fritada de peixes e verduras asadas. Aproveitando a gran variedade de verduras que hai nesta época do ano, os cociñeiros acompañan os peixiños cunhas ao estilo da famosa escalivada de Cataluña. Peixes do Atlántico e verduras ao estilo mediterráneo.
Para isto, Adrián, o “larpeiro” investigador por excelencia, vai a Cambados, onde, coa axuda de Daniel, se converte en todo un experto na pesca da faneca. Ten que embarcar e traballar como un auténtico lobo de mar se quere levarlles aos seus compañeiros unhas fanecas á altura da ocasión. Pero a súa recompensa por tan duro traballo é de volta á casa e en forma de doce, co crocante de froitas preparado por Merchi e Leni.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.