Onte enterámonos por fontes ben informadas de que tres simpatizantes do PP
de Cambados e grandes criticadores da Festa deste ano antes de celebrarse, tiveron a oportunidade de disfrutar "in-situ" do Xantar e da imposición de capas do Capítulo Serenísimo do Albariño no Patio de Armas do Palacio de Fefiñáns. Neste último un deles tivo a desfachatez de unha vez dentro conseguir unha invitación para outra persoa, un familiar directo, que tamén tivo a ocasión de entrar e ver o acto.
Ao parecer ningunha das tres persoas mencionadas tiña invitación para entrar e foron "colados" por un traballador do Concello.
A comida tamén foron invitados por outra persoa, ao parecer dirixente do PP local e que asisteu a comida sin a sua muller, algo estrano que invite a xente de fora da familia e non leve a sua esposa.
Resulta canto menos estrano que estas tres persoas aplaudían a proclama dunha páxina de Facebook local que incitaba a bandonar Cambados eses dias de Festa e que ao final disfrutaran dela como o que máis e aproveitaran a ocasión para acudir a actos a os que non teñen acceso o resto de Cambadeses.É ilóxico que negues aos cambadeses a oportunidade de ver o acto do Capítulo Serenísimo (amparándose nas "tradicións") e colarte nese acto furtivamente. Imaxinade que todos ou moitos cambadeses fixéramos o mesmo, acabaríamos as pegas por ter o mellor sitio?.
A sua identidade non vola vou dar, agás un, porque xa todos sabedes quenes son incluso un deles descubreuse onte pola noite no portal Cambados Noticias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.