

Aparte desta reivindicación sumaron outras para facer unha fronte común que signifique a mellora da nosa Comarca. Entre elas, a demanda por parte deste organismo en participar no Padroado da Festa do Albariño, a proposta de construír un polígono industrial para empresas do sector do mar, a necesidade de mellorar a mobilidade e o transporte público intracomarcal, o desdobramento da vía rápida desde Catoira ata O Grove para mellorar as ámbalas dúas beiras da Ria da Arousa, a creación dunha senda litoral peonil desde Vilagarcía ata O Grove e a demanda da parada do AVE na estación de tren de Vilagarcía na época estival para dar un mellor servizo ao Turismo que ven visitar a nosa comarca por este medio de transporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.