Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de julio de 2015

TODO PREPARADO PARA O TÚNEL DO VIÑO








O Consello Regulador da D.O Rías Baixas ultima os preparativos da LXIII Festa do Viño Albariño Denominación de Origen Rías Baixas de Cambados
141 marcas estarán presentes no 'túnel do viño' e doce adegas protagonizarán trece catas temáticas
O Salón de Congresos e Exposicións José Peña albergará estas dúas actividades, presentes na programación da Festa do Viño Albariño Denominación de Origen Rías Baixas de Cambados.

O Consello Regulador da D.O Rías Baixas ultima os preparativos da LXIII Festa do Viño Albariño Denominación de Origen Rías Baixas de Cambados. Entre as actividades programadas para estes días destacan a XXVII Cata-Concurso Rías Baixas, así como a quinta edición do Túnel do Viño e a segunda das Catas Temáticas D.O Rías Baixas que contarán cun total de trece catas, impartidas por doce adegas.

141 marcas de viños da D.O. Rías Baixas esperan no Túnel do Viño a aqueles que queiran gozar e afondar no coñecementos dos produtos amparados por esta denominación de orixe.. Este espazo de cata abrirá as súas portas no Salón de Congresos e Exposicións José Peña dende o xoves, 30 de xullo, ata o domingo, 2 de agosto. En xornadas de mañá e tarde, de 12 h a 14.30 h e de 19 h a 21.30 h, agás o domingo que só haberá sesión de mañá, os participantes poderán degustar un total de 141 marcas pertencentes a 56 adegas desta denominación de orixe nun ambiente máis recollido e co asesoramento dun sumiller. A entrada que custa 10 € inclúe, tamén, o acceso ás dúas catas correspondentes nesa sesión.

Doce adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas  protagonizarán a segunda edición das Catas Temáticas, dirixidas polos enólogos das empresas participantes, e que este ano suman un total de13. Cada día, de xoves a sábado, terá lugar dúas catas pola mañá e outras tantas pola tarde, mentres que o domingo se celebrará unha en sesión de mañá. O obxectivo desta actividade é descubrir os viños de Rías Baixas dende diferentes perspectivas, da man de profesionais e, en moitos, casos dos seus creadores.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.