Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de julio de 2015

7ª FESTA DO BIGOTE NO RIF ROCK DE CAMBADOS








O próximo 2 de agosto Domingo do Albariño o RIF ROCK e CTK convócanvos a unha nova celebración da solemne FESTA DO BIGOTE na súa 7ª edición E este ano cun colaborador de luxo PC Barbería A continuacion tede las bases Coma tódo los anos estivemos a piques de facer uns cambios revolucionarios nas bases do concurso para esta ocasión pero ao final decidimos facer un copia e pega dos anos anteriores así que aquí tedes as BASES DO CONCURSO.........

Coma tódo-los anos, estivemos a piques de facer uns cambios revolucionarios nas bases do concurso para esta ocasión, pero ao final decidimos facer un copia e pega dos anos anteriores, así que aquí tedes as BASES DO CONCURSO para a 7ª FESTA DO BIGOTE:

- A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (domingo 2 de agosto, ou sexa que para os tikismiquis, como é despois da medianoite pois na madrugada do dia 3). 

- Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non.

- O que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade.

- A organización non se fai responsable dos accesorios que outros asistentes lle poñan na cara.

- Este ano teremos novamente tres categorías a concurso:
o Bigote Absoluto, o Bigote Falso e Mellor Disfraz.

Categoría BIGOTE ABSOLUTO (Campión da Festa do Bigote):
· todo pelo natural na cara do suxeito participante.
· valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
· lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
· inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, de calquer tipo.
· coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
· roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

- A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK).

- Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver con tempo e valorar axeitadamente) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.

** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...

***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou na nosa páxina de facebook.
http://rifrockerz.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/rifrock.cambados







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.