CAMBADOS ACOLLE A CLAUSURA DO CONGRESO INTERNACIONAL DE ENOTURISMO QUE SE INAUGURA MAÑÁ EN VIANA DO CASTELO.
O concello de Cambados participa activamento no Congreso Internacional sobre Enoturismo que se inaugurou onte en Viana do Castelo, Portugal, e prolongarase durante o 4 e 5 de xullo en Cambados.
O certame está promovido pola asociación Aenotur coa finalidade de coñecer os principais mercados emisores de turismo de Europa, sobre todo Francia, Reino Unido e Alemaña, e estudar novos mercados emerxentes, como poden ser Rusia, China, Xapón e Brasil.

De tal xeito que, desta volta, terán maior presencia as dúas cooperativas vitivinícolas de Cambados, Martín Codax e Condes de Albarei, e adegas como Pazo de Fefiñáns, Pazo Baión o Lagar de Costa, que non formaban parte da iniciativa nun primer momento.
O Congreso Internacional de Enoturismo abreuse onte en Viana do Castelo con varias ponencias e visitas a puntos de interese do entorno.
O certame continuará en Cambados o sábado coa celebración de novas conferencias no Salón Peña, así como unha serie de visitas a adegas e lugares emblemáticos, como ó conxunto histórico e o Museo do Viño.
A todo esto hai que engadir que a viaxe a Portugal foi con gastos pagos e sen dietas e que a anterior corporación asignara 25.000 € para as xornadas que se van celebrar en Cambados e que se eliminaron gracias ao traballo do novo equipo e que xa fala as claras das diferente formas de traballar de cada un.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.