Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de julio de 2015

SANTA MARGARITA EN CAMBADOS E FESTA DA PAELLA EN CASTRELO






Durante a xornada de hoxe sábado 25 de Xullo, a asociación Santa Cruz de Castrelo de Cambados, celebrará a cuarta edición da Festa da Paella. Esta festa dará comezo ás 14.30 horas. O prezo das porcións será de 8 € para os socios e 10 € para os demais. A xornada estará amenizada polo dúo Caché, e os máis pequenos poderán gozar de inchables gratis.
A porción de paella, estará acompañada de pan, viño, bebida, sobremesa e café.


Tamén hoxe celébrase en Cambados a festividade de Santa Margarita, levándose a cabo actividades relixiosas, lúdicas e culturais.

Ás 12:00 h. celebrarase a " Sardiñada Popular", a cal concentrará a todos os asistentes, moitos deles chegados de diferentes partes da nosa xeografía co obxectivo de participar desta festa tan tradicional.
Os asistentes poderán pois degustar as sardiñas asadas, acompañadas dun exquisito pan de millo, así como dun viño tinto. Ás 13:30 h. aproximadamente, actuará un grupo de música tradicional galega.

Pola tarde, na Igrexa de Santa Margarita de Cambados, celebrarase unha misa solemne na cal cantará a Coral Polifónica de Santa Mariña de Cambados. Unha vez rematada a misa, procederase á procesión da imaxe de Santa Margarita.

Pola noite, e xa como colofón a estas festas, se celebrará unha animada verbena en Santo Tomé, coa actuación de dous grupos musicais.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.