FULARES ESTÁ TRISTE ¿QUE LLE PASA A FULARES?
Por RICARDO DOMINGUEZ REY
Por RICARDO DOMINGUEZ REY
Cóntanme as miñas “gargantas profundas” que dende o pasado dia 13 de xuño, Fulares non é o mesmo, que velo pola rúa e está como ausente; véselle mais apagado, mais tristón, menos home ¿que lle pasa a Fulares?.

Nunca chegamos a saber moi ben a que se dedicaba Fulares, unicamente que, a tódolos cambadeses, custáballe mais de 30.000 euros anuais simplemente pola “cara” aínda que sexa neste caso, todo hai que dicilo, unha cara ben “guapa” e “atractiva”.
E, quizais, teña motivos para estar preocupado: neste momento a unica que traballa é a súa compañeira e, mal que lle pese, hai que seguir pagando as letras do piso, da moto e, como non, seguir comendo (e agora xa non hai dietas do concello) e vestíndose ( e a ser posible ben e de marca).
Incluso hai quen me asegura que o viron rezándolle a Fátima na Iglesia de Fefiñans, pero non a Virxe de Fátima que se venera en Portugal, tras aparecerse a tres pastoriños no ano 1917 senón a alcaldesa Fátima Abal para pedirlle que non deixen de contar coa súa moza no Concello.



Dura situación a súa e, porque non dicilo, tamén dura situación a do insigne Benito Leiro pero como se di nestes casos “¡¡sempre se van os mellores!!”; outros tiveron mellor sorte, mirade senón, ao ex alcalde Aragunde: foi perder a alcaldía e xa o “colocaron” na Deputación ....si é que “o que vale, vale” aínda que sexa vale para facer “bulto”.
Mentres tanto Fulares non perde o tempo e xa o podemos atopar nas redes sociais, iso si cun perfil falso, criticando ao novo goberno municipal, sen ni sequera darlle a os cen primeiros días de graza.

UN SAUDO A TODOS RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.